publicidade hoxe

A Garda Civil detén aos supostos autores de roubo de gasoil en camións na Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a I.F.G., de 22 anos de idade e veciño de Cuntis e a A.F.F., de 32 con domicilio na Estrada, como supostos autores de dous delitos de roubo con forza de gasoil e dúas faltas de furto, tamén, do mesmo carburante.

Por mor das xestións realizadas polos compoñentes do Posto da Garda Civil da Estrada no día de onte procedeuse á detención dos supostos autores do roubo de gasoil de camións estacionados nas vías públicas de devandita localidade.

Estes roubos foron cometidos en distintas datas do pasado mes de agosto.

Os detidos foron conducidos ás dependencias oficiais do citado Posto da Garda Civil da Estrada onde se procedeu á instrución das correspondentes dilixencias que serán entregadas no Xulgado de Instrución número DOUS da Estrada.

Continúanse as investigacións polo que non se descarta a imputación dos detidos en máis feitos delituosos da mesma índole realizados en distintos lugares da provincia e da Comunidade.

18 de setembro de 2014 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.