publicidade hoxe

A Garda Civil detén aos cinco supostos autores de roubo con violencia en Ponteareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareasSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a R.F.R., de 35 anos de idade e con domicilio nas Palmas, a D.B.L., de 21, I.F.C., de 23, estes dous veciños de Mos, a CD.R.B., de 21 anos con domicilio no Porriño, e a D.C.M., de 36 e veciño de Vigo, como supostos autores dos delitos de roubo con violencia e intimidación con arma de fogo.

Os feitos sucederon na madrugada de onte, día 24, cando se recibe unha chamada telefónica alertando dun roubo no interior dunha vivenda de Ponteareas e no que se utilizou unha arma de fogo.

Unha vez no lugar despois de entrevistarse co dono da vivenda o cal manifesta que os atracadores se deron á fuga un turismo marca FORD, modelo SCORT, móntase un dispositivo para a localización do mesmo.

Pouco máis tarde a patrulla da Garda Civil do Posto Principal da Garda Civil de Ponteareas intercepta o vehículo, dándose á fuga tres dos ocupantes monte a través e sendo alcanzado e detido un deles polos compoñentes da patrulla, mentres tanto os que quedaban no interior do vehículo fuxiron no mesmo.

Máis tarde a Garda Civil procede á detención doutros tres máis nas inmediacións do centro urbano de Ponteareas e na mañá de hoxe detívose ao outro autor destes feitos delituosos.

O vehículo tamén foi localizado no lugar de Ribadetea, termo municipal de Ponteareas, o cal presenta dous orificios no parabrisas, posiblemente de bala e nas súas inmediacións gran cantidade de marihuana, supostamente subtraída do domicilio atracado.

Os detidos, que contan con antecedentes policiais, foron conducidos ás dependencias oficiais do citado Posto da Garda Civil para a instrución das correspondentes dilixencias, no transcurso da cal se procedeu á imputación por un delito de lesións e tráfico de drogas ao inquilino do domicilio roubado, J.R.G., de 27 anos, xa que a marihuana incautada nas proximidades do vehículo pertencía a el e que a tiña na súa casa para a súa venda. Ademais foi o autor do lanzamento de pedra que alcanzou a un dos atracadores na cabeza e que se atopa na UCI do hospital Xeral de Vigo.

As dilixencias xunto cos detidos serán entregadas no Xulgado de Instrución número DOUS de Ponteareas.

25 de setembro de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.