publicidade hoxe

A Festa do Pan de Neda celebra a súa segunda edición como festa de interese turístico de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaNeda
A-
A+

Este encontro, que congrega ano tras ano en Galicia a miles de persoas, foi declarado en xullo do 2013 festa de interese turístico de Galicia polo seu importante arraigo e o feito de difundir unha actividade artesanal como é facer pan.

A Festa do Pan de Neda celébrase cada ano no primeiro fin de semana de setembro e inclúe en cada edición importantes novidades que outorgan un carácter diferenciador pero sempre cun denominador común: a exaltación deste famoso manxar tradicional.

A esta cita gastronómica asistiron a conselleira do Medio Rural e do Mar e a directora de Turismo de Galicia.

Este ano, por primeira vez, con motivo da creación da Orde Gastronómica “Bolo Cachado”, levouse a cabo o nomeamento dos primeiros confrades da mesma. Turismo de Galicia tivo o honor de recibir dita distinción polo seu compromiso con dita festa e co concello de Neda e polo apoio na difusión e promoción deste produto galego.

A directora de Turismo de Galicia agradeceu a imposición desta distinción a todos os integrantes da organización desta festa. “Tanto para min coma para o sector que represento en Galicia é un honor recibir unha das primeiras condecoracións desta nova Orde do Bolo de Neda”, afirmou Nava Castro.

Así mesmo, a directora de Turismo de Galicia destacou a importancia de que se celebren eventos que reflictan a calidade desta industria, coma esta imposición de distincións da Orde do Bolo ou a festa do pan de Neda. “É fundamental para conservar o noso legado, o noso saber facer e para dotar de promoción e difusión aos nosos mellores produtos gastronómicos”, engadiu Nava Castro.

7 de setembro de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.