A Feira do Moble de Galicia xa ten gañador da viaxe a Tenerife para dúas persoas
Unha vez pechado o recinto feiral as súas portas ao público, efectuouse o sorteo público entre todos os visitantes da viaxe para dúas persoas que patrocinou o propio recinto feiral.
O estradense, Alberto Brenlla Turnes, foi o agraciado e recibiu a noticia a través dunha chamada telefónica que a xerente do recinto feiral estradense, Mercedes Cuiña Ponte lle fixo, instantes despois de realizar a extracción da papeleta. A man inocente dun neno, foi a encargada de extraer a papeleta do mozo estradense.
A participación no sorteo, implica a aceptación das bases do mesmo, non podéndose traspasar o premio a outra persoa allea, nin tampouco trocalo por diñeiro.
O premio consistirá nunha viaxe dunha semana a Tenerife, para dúas persoas, en réxime de media pensión e deberá facerse efectivo durante o mes de novembro do presente ano.











