A Feira do Moble de Galicia volve a convencer e seducir ao público

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

Cando faltan a penas unhas horas para que a XXVIII Feira do Moble de Galicia, peche as súas portas ao público, a organización, comeza a procesar e valorar os datos arroxados polas enquisas, realizadas aos visitantes na porta de saída. A media tarde, pendente todavia de computar as da xornada do domingo, os datos eran satisfactorios para o equipo organizativo. O público, edición tras edición, segue avalando coa súa presenza o certame, o que consolida máis un evento que xa é todo un referente do noroeste peninsular.

As firmas presentes á súa vez, constatan que se deixa sentir no visitante un aire máis optimista e proclive a establecer contactos con visos de frutificar nun futuro próximo.

A satisfacción da organización do certame, está en consonancia co grao de satisfacción mostrado polos visitantes. O 62% dos enquisados, alega estar satisfeito co certame. A satisfacción do público, increméntase dada a súa intención de regresar a visitar o certame en próximas edicións.

Como vén sendo xa tradicional, os días de maior afluencia de público, coinciden cos dous fins de semana que comprende a mostra, alcanzándose os picos máis elevados de afluencia, nas horas centrais da tarde, ao redor das dezaoito horas.

Este certame, conta cunha importante fidelización dos seus visitantes xa que, o 77% dos asistentes, xa é público que asistiu á mostra noutras edicións anteriores. O 66%, fíxoo en catro ou máis ocasións. É igualmente salientable que, o 23% dos enquisados, manifestaron ser a primeira vez que visitaban a mostra. O mobiliario, a decoración e os complementos, son os sectores que maiormente suscitan a atención do público. O 57% dos enquisados, manifestou realizar algún tipo de transacción económica dentro do recinto.

O certame ten unha influencia directa na economía local. O 14% manifestou pasar a noite na cidade, o 39%, di acudir a algún restaurante, o 30%, realizou compras na cidade, o 20%, realizo algún tipo de visita turística á contorna estradense e o 52%, fixo uso dalgunha das estacións de servizo ou bares locais.

A organización, logrou mobilizar coas visitas organizadas e o programa de xornadas técnicas a mais dun milleiro de persoas. Dun primeiro balance, despréndese que a Feira do Moble de Galicia, á data, é o único referente sectorial en Galicia tras vinte e oito edicións ás súas costas, a Feira do Moble de Galicia, segue enganchando ao público, edición trás edición.

O recinto feiral estradense, pechará o seu calendário feiral, os próximos dias 13 e 14 de Decembro, coa 45º Feira de Antigüidades e o 2º Salón do Vehiculo Clásico.

28 de setembro de 2014 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.