A Feira do Moble de Galicia preséntase no Cluster da Madeira e a Deputación de Pontevedra
Cando a XXVIII Feira do Moble de Galicia, emprende a súa recta final, antes da súa inauguración, sucédense os actos previos nos que se debullan todas as novidades da presente edición.
O primeiro dos actos de presentación do certame aos medios, terá lugar o próximo día dezasete e o enclave elixido nesta ocasión é o Cluster da Madeira, situado no campus compostelán. Será ás once horas e nela estarán a Directora Xeral de Comercio ,o alcalde da Estrada, a directora xerente do recinto e un representante do sector do moble local, sexan recibidos polo xerente do Cluster da Madeira.
Ao día seguinte, dezaoito de setembro, será a Deputación de Pontevedra, a encargada de acoller o último dos actos oficiais de presentación do certame aos medios de comunicación. Será igualmente ás once da mañá na propia Deputación. Nesta ocasión, a directora xerente do recinto feiral estradense, estará acompañada do alcalde estradense e do presidente da Asociación de Fabricantes e Comerciantes do Moble da Estrada.
Ambos os actos, son os preámbulos do certame sectorial de Madeira e Moble que se inaugurará o próximo día vinte na Estrada, Capital do Moble de Galicia.
Durante a celebración do certame terá lugar o programa de xornadas técnicas que complementan ao mesmo:
– Luns dia 22 : “A formación en madeira e moble: Os novos cambios lexislativos” impartida pola Conselleria de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria.
– Martes dia 23 :pola mañá “Atención ao cliente “ impartida pola Axencia Galega de Turismo e pola tarde “Cooperamos?-Xornada de cooperativismo para a xuventude” impartida pola Conselleria de Traballo e Benestar.
– Mércores dia 24: “Sistema de xestión empresarial ERP Eneboo. Mellora a xestión dos teus procesos produtivos da man do software libre” e “Achégate aos novos clientes da man de internet. Deseña unha boa estratexia de venda e mercadotecnia e abre a túa tenda en liña” impartida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
– Xoves dia 25 : As axudas e servizos para a internacionalización”, impartida polo IGAPE.
– Venres dia 26 : “Dez exemplos innovadores do uso da madeira na construción”impartida pola Universidade de Vigo
A participación no programa de xornadas técnicas é totalmente gratuíto, recibindo os asistentes ás mesmas un certificado de asistencia, é necesario realizar unha inscrición previa. A ficha de inscrición esta dispoñible na nosa páxina web www.feiradomoble.com e unha vez cumprimentada, deben remitila por mail a fecae@feiradomoble.com , por fax ao 986573761 tamén poden inscribirse ou chamando ao teléfono 986 – 573406











