A feira do Carballiño adáptase á celebración das festas patronais
Os postos da feira do Carballiño terán un cambio nesta xornada de 16 de setembro, para adaptarse á localización das atraccións das festas patronais. Así os postos que habitualmente se colocaban na praza dos Irmáns Prieto, colocaranse durante a xornada deste 16 de setembro na praza da rúa Venezuela. Este cambio afectará só para esta feira, volvendo á súa localización habitual na feira de fin de mes.
Tamén en relación ás feiras do Carballiño, desde o concello está a darse a posibilidade aos comerciantes da rúa Curros Enríquez para que valoren a posibilidade de ampliar as feiras a esta zona, tal e como solicitaron varios destes profesionais na última reunión mantida co concello. Así durante os días das festas situáronse postos de venda nesta rúa peonil, comprobando en vivo e en directo o beneficio desta actividade en devandita rúa.
Precisamente os responsables municipais realizaron cambios nos postos de venda da rúa cCurros Enríquez, para deixar máis espazo aos comercios desa rúa, e que o fluxo de público que acode aos citados postos tamén poidan ver os comercios alí situados. Como sinalaba o alcalde “ a colocación destes postos vai ser unha boa pedra de toque para saber si queren ou non as feiras nesta rúa”.











