A Escola Infantil da Baña recibe aos primeiros nenos e nenas
O Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña recibiu esta semana aos primeiros nenos e nenas. O centro infantil recentemente inaugurado desenvolverá durante dúas semanas un proceso de adaptación dos 18 nenos e nenas que acudirán ao PAI durante este curso. Os nenos e nenas acoden en pequenos grupos e os seus pais están presentes ou se atopan próximos. Unha vez finalizado o período de adaptación comezará xa o curso coa totalidade dos nenos e nenas xa integrados no novo espazo educativo da Baña.
O centro educativo conta con dúas persoas tituladas que serán as encargadas de atender aos 18 nenos e nenas inscritos. O proceso selectivo por concurso-oposición para contratar en réxime laboral temporal a dúas persoas coa categoría de persoal de atención á infancia desenvolveuse na primeira quincena de agosto.
O edificio que albergará o Punto de Atención á Infancia, unha escola unitaria reformada situada na localidade de San Mamede, a poucos quilómetros da capital da Baña, estaba xa listo e acondicionado desde hai meses. O investimento necesario para polo a punto foi de 80.000 euros. O PAI ofertou as súas prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Tiveron preferencia as familias que viven no municipio da Baña.