publicidade hoxe

A Escola de Música de Val do Dubra abre o prazo para cursar estudos musicais no novo curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

A Escola de Música do Concello de Val do Dubra abriu esta semana o prazo para que todos os interesados en cursar estudos durante este curso 2014-2015 poidan inscribirse. E poderán facelo até inicios do mes de outubro. Para máis información poden dirixirse ao teléfono: 981.889.000.

A Escola de Música do Concello de Val do Dubra, dirixida a todas as idades, comezará o curso o próximo mes de outubro no Centro de Formación de Bembibre. As clases serán impartidas por profesores titulados e contará cun amplo abanico de especialidades: vento madeira, vento metal, piano, batería e percusión, linguaxe musical, música e movemento, teoría e audición, guitarra e baixo electrónico, instrumento tradicional galego e canto.

17 de setembro de 2014 | 12:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.