publicidade hoxe

A Escola de Canteiros abre o prazo para que os alumnos opten a 20 bolsas de 1.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra abriu hoxe un prazo, ata o 15 de decembro, para optar a 20 bolsas de estudos para o ano 2014. As bolsas terán unha dotación económica de 1.000 euros cada unha; o importe total destas ascende a 20.000 euros.

Para accederen a estas axudas os alumnos deberán estar matriculados na Escola no curso 2014-2015 e ter aprobado o curso completo entre as convocatorias de xuño e setembro. Terán prioridade os nacidos na provincia de Pontevedra ou cunha residencia mínima de cinco anos en calquera dos seus concellos.

Os criterios obxectivos empregados para a súa concesión serán as cualificacións obtidas polos alumnos no curso anterior.

25 de setembro de 2014 | 20:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.