A escola de baloncesto Nate Davis organiza o Ferrol CB

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, recibiu hoxe ao ex xogador de baloncesto do antigo O.A.R Ferrol. o estadounidense Nate David, que regresa á cidade naval para participar nun campus de baloncesto. Jose Manuel Rey desexoulle unha boa estancia “nunha cidade que garda un gran recordo e segue tendo un enorme cariño a Nate David”. O rexedor fíxolle entrega dun libro sobre a pintura e os pintores ferroláns.

A continuación, a concelleira de Deportes, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá a Escola de Baloncesto Nate Davis que organiza o Ferrol CB e que conta coa colaboración do Concello de Ferrol. Nesta rolda de prensa, a edil ferrolá estivo acompañado polo ex-xogador de baloncesto, Nate Davis, que será o encargado de impartir esta iniciativa; o presidente do Ferrol CB, Luis Barbeito; e o novo adestrador do clube, Félix Ballobre.

Esta escola de baloncesto terá lugar en dúas quendas: a primeira, deu comezo durante a xornada de onte e se prolongará ata o venres 5; mentres que a segunda quenda se desenvolverá entre os vindeiros 8 e 12 de setembro. A proposta educativa e deportiva, enfocada para nenos/as entre 4 e 11 anos, conta con 43 menores apuntados na primeira quenda e segundo a organización esperase completar as prazas para a segunda.

Martínez Galdós deu a benvida ao ex-xogador de baloncesto “á súa cidade”, ao tempo que explicou que esta escola está encamiñada a ensinar nocións básicas de baloncesto e promocionar este deporte. Pola súa parte, Nate Davis manifestou a súa ledicia por voltar a Ferrol ”porque é a miña casa” e sinalou que a escola permitirá transmitir aos nenos e nenas “o seu amor ao baloncesto”.

2 de setembro de 2014 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.