A Deputación de Pontevedra mellorará e ensanchará a estrada de acceso ó porto de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Deputación de Pontevedra ampliará, con medios propios, a estrada de acceso ao Porto de Vilagarcía vindo dende Cambados.

Esta estrada, na actualidade, é un embudo que dificulta moito o acceso a Vilagarcía, dende a estrada de Cambados, e aínda que é titularidade da Xunta, será ampliada con medios do Parque de Maquinaria da Deputación en vista da demanda social polo seu arranxo e mellora.

A citada estrada ten uns 50 metros e arranca dende a rotonda da Vía Rápida en dirección ao Porto e ás localidades de Piñeiro e Renza. Será ampliada uns 4 ou 5 metros no punto onde se sitúa o cartel sinalizador da rotonda que leva ao  peirao de Vilagarcía; A Pelada, Faxilde e Fontecarmoa; Renza; e o matadoiro comarcal.

As obras de ampliación iniciaranse de inmediato e con elas lograrase mellorar moito e axilizar o tráfico de entrada ao porto comercial de Vilagarcía.

9 de setembro de 2014 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.