A Deputación de Pontevedra financia a mellora da iluminación pública en varios núcleos rurais de Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínPontevedra
A-
A+

A Deputación, no marco do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais (PUSIM), financiará os traballos de mellora da iluminación pública de varios núcleos rurais do concello de Lalín.

Concederalle ó Concello unha subvención de 21.394,11 € para sufragar os gastos destes traballos, que se realizarán nos lugares de Vilatuxe, Santiso, Doade, Abeleda e Filgueiroa.

As obras consistirán na instalación de varios puntos de luz compostos por un poste de formigón armado, luminarias e lámpadas.

Instalaranse catro puntos de luz en Feas-Rúa 2 e Rodelas; tres en Lalín de Riva-Lagazos; dous en Santiso de Riva, Santiso-Agro da Vila, Barcia-Midón, Anzo-Eirexe e Costa, Anzo-Riobo, Catasós-Donfreán e Catasós-Cerredo; e un punto de luz en Santiso-Vila, Bendoiro, Xesta-Carreiras, Soutolongo-Tarreo, Vilanova-Barreiro, Anzo-Outeiro, Donramiro-Trascastro, Filgueira-Espiño, Moneixas-Outeiro, Feás, Cadrón-Lamas, Cadrón-Campo da Festa, Catasós-Careira e Noceda.

30 de setembro de 2014 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.