A Deputación de Pontevedra executa traballos en cinco camiños de Poio cun investimento de 114.391 euros
A deputada Ana Isabel Vázquez visitou hoxe en Poio, acompañada polo alcalde do concello, Luciano Sobral, e polo portavoz do Grupo Popular, Ángel Moldes, as obras de pavimentación e mellora do firme dos camiños de Monforte, Cotarela, Mato, Outeiro e Fonte, en Lourido.
Ana Isabel Vázquez destacou que os traballos, que contan cun orzamento de 114.391 € do que a Deputación subvenciona 95.093 €, están a piques de rematar, só pendentes da rede de sumidoiros que a empresa adxudicataria instalará de inmediato.
Nestes momentos, a Deputación está a realizar ou adxudicou no concello de Poio outros traballos na parroquia de Samieira, en varias rúas da Caeira, e no pavillón e no campo de fútbol. Proximamente adxudicará un coche para a Policía Local.











