A Deputación de Ourense recibe a visita dos alumnos do Instituto arxentino-galego “Santiago Apóstol” de Bos Aires

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Visita dos alumnos do "Santiago Apóstol" de Bos Aires

Visita dos alumnos do “Santiago Apóstol” de Bos Aires

Alumnos do Instituto arxentino-galego “Santiago Apóstol” de Bos Aires visitaron hoxe a Deputación de Ourense, dentro da viaxe de estudos que está a realizar por Galicia a promoción 2014 deste centro formativo da capital arxentina para coñecer as raíces dos seus devanceiros así como a actual realidade social e cultural de Galicia. Na súa visita á institución provincial os estudantes estiveron acompañados polo presidente do PEN Galicia, Luís González Tosar, e foron recibidos no Salón de Plenos polo vicepresidente da deputación, Rosendo Fernández, quen lles explicou o desenvolvemento e o labor que realiza a institución provincial.

Trala recepción na Deputación de Ourense os alumnos continuaron o seu percorrido pola provincia de Ourense visitando en Trasalba a Fundación Otero Pedrayo, a vila do Carballiño, o Mosteiro de Oseira e a Insua dos Poetas, en Madarnás.

10 de setembro de 2014 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.