A Deputación de Ourense aproba axudas sociais e culturais por valor de 417.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A xunta de goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar, resolveu hoxe a concesión de subvencións para a realización de servizos sociais e actividades culturais por un importe total de 417.284 euros. No que atinxe a servizos sociais, a xunta de goberno resolveu a convocatoria de subvencións a asociacións e fundacións para proxectos relativos a este ano 2014, concedendo a 71 entidades a cantidade total de 337.284 euros, mentres que en materia cultural a xunta de goberno resolveu a convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas, correspondentes ao exercicio 2014. Neste caso as entidades beneficiarias das axudas son 17 e o importe total ascende a 80.000 euros.

8 de setembro de 2014 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.