publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Lugo fomenta a reciclaxe dos residuos plásticos co programa “Móllate e Colle 3″

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoLugoRábade
A-
A+

A Deputación de Lugo busca fomentar a reciclaxe e o uso responsable dos materiais plásticos coa actividade Móllate e Colle 3, unha iniciativa lúdica coa que os participantes gozarán das zonas verdes da provincia ó tempo que limparán de plásticos as augas fluviais e a súa contorna nos Concellos de Lugo e Rábade. Deste xeito, a institución provincial busca concienciar do perigo que producen estes residuos no medio ambiente, ofrecéndolle ós lucenses pautas para reciclar e reutilizar este material.

A actividade está programada en tres xornadas. O mércores día 10, ás 20:00 horas, o Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá unha conferencia sobre os perigos do plástico, a cargo do experto Tony Butt, recoñecido doutor en oceanografía e autor de diversos artigos, revistas e publicacións científicas que viaxa por todo o mundo divulgando a necesidade de protexer a natureza, quen ofrecerá alternativas de consumo e reciclaxe. Posteriormente, o sábado 13 ás 11:00 horas, celebrarase no Caneiro da Tolda, en Lugo, unha gincana de limpeza por equipos en terra e auga e xa pola tarde, ás 18:00 horas, os participantes catalogarán os residuos recollidos facendo balance sobre todo o material recollido. Por outra banda, o domingo 14 celebrarase esta mesma actividade no Centro de Estudos e Conservación na Casa das Insuas, en Rábade, entre as 11:00 horas e as 14:00 horas,  e de 16:00 a 19:00 horas. En ambos lugares poranse a disposición dos participantes os equipamentos que sexan necesarios para acceder ós puntos de maior contaminación, como kayaks ou táboas de paddle-surf.

A través desta actividade, a Deputación busca fomentar entre os lucenses o coidado e respecto pola natureza, neste caso, contribuíndo a reducir notablemente a cantidade de plástico que se atopa nos montes e ríos. A orixinal idea está pensada coma un xogo e con ela tamén se pretende sexa unha actividade que os participantes incorporen á súa rutina.

Os interesados xa se poden inscribir na web www.deputacionlugo.gal, no correo electrónico und.medioambiente@deputacionlugo.org ou no teléfono 982 227 812. Esta actividade non ten límite de prazas.

9 de setembro de 2014 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.