publicidade hoxe

A Deputación anuncia a construción dunha senda peonil entre Vilariño e as instalacións de Martín Códax

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Louzán na visita ás instalacións de Martín Codax

Louzán na visita ás instalacións de Martín Codax

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou hoxe a construción dunha senda peonil entre a localidade de Vilariño (Cambados) e as instalacións da cooperativa Martín Códax, así como mellorar os seus accesos ao longo de 1,5 quilómetros dende a estrada da Vía Rápida.

No curso da súa visita a esta adega para visitar as obras de acondicionamento e pavimentado do seu recinto “tan necesario como infraestrutura operativa da vendima” Louzán afirmou que ambos traballos “que serán acometidos en colaboración co Concello de Cambados e a Xunta” suporán unha inversión de 300.000 euros para humanizar todo entorno desta emblemática cooperativa de ampla base social.

A prevista senda peonil estará operativa, segundo Louzán, a primeiros do vindeiro ano de 2015.

As obras acometidas polo Parque de Maquinaria da Deputación para acondicionar e repoñer o pavimento das instalacións anexas no recinto da bodega Martín Códax consistiron no fresado do pavimento, limpeza con varredora mecánica e pavimento con aglomerado en quente nunha superficie de 4.000 metros cadrados e cun importe de execución de 50.000 euros.

Na súa visita, o presidente da Deputación anunciou que a vindeira semana a institución provincial aprobará unha contía de 600.000 euros para axudas a cooperativas gandeiras e de horta para compra de material, instalacións, equipos, etc.

10 de setembro de 2014 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.