A concelleira de Educación asiste á inauguración do curso nas escolas infantís de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
A edil compostelá na visita ao centro

A edil compostelá na visita ao centro

A concelleira de Educación, María José Corral, asistiu na gardería do Polígono do Tambre á inauguración do curso escolar infantil 2014-2015. María José Corral puido conversar con educadores e pequenos da Escola Infantil do Polígono do Tambre, unha das garderías de Santiago incluídas na Rede de Escolas Infantís de Galicia A Galiña Azul, da Consellería de Traballo e Benestar. Tamén figuran nesta rede as escolas de Tras Parlamento, San Roque, Vite e A Susana. A estas hai que sumar as xestionadas directamente polo Concello: Conxo, Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío.

A concelleira aproveitou para recordar que neste centro do Tambre tamén acometeu obras o Concello durante este verán. Realizáronse traballos de reparación de tarima, pintado de aulas ou arranxos de aseos, entre outros. Ademais, lembrou que a curto prazo se cambiará o sistema de climatización.

4 de setembro de 2014 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.