publicidade hoxe

A Compañía teatral Grupo de Teatro e Danza El Ruiseñor presenta “Las Esposas Alegres de Windsor” en Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Este sábado, 6 de setembro, o auditorio Gabriel García Márquez de Mera, a partir das 20.30 horas, acollerá a obra: “Las Esposas alegres de Windsor”, da Compañía teatral Grupo de Teatro e Danza El Ruiseñor, nunha adaptación e dirección de Susana Crespo de W. Sahakespeare.

A obra trata sobre Falstaff, un home xa entrado en idade e “carnes”, que ve a súa fortuna medrar grazas a unha vida de pendenciero e vividor, decide cortexar a dúas mulleres casadas da clase media alta co fin de votar man ao seu diñeiro.

Ambas esposas reciben dúas cartas de amor idénticas descubrindo ao caradura e conspiran para vingarse, “o cazador cazado”. A trama complicase cando ámbolos dous maridos se decatan das intencións de Falstaff e intentan descubrir se as súas mulleres son capaces de enganalos. A súa vez, sucede outro enredo entre a filla dun dos matrimonios e os seus pretendentes, coa axuda da Señora Deprisa que fai de mediadora entre os tres conquistadores, o favorito do seu pai, o da súa nai e o que realmente ama.

Deliciosa comedia de enredos, celos, burlas e vinganzas. Que obtivo o premio Buero á mellor obra de Galicia, dirección, actor e actriz.

O elenco está composto por Raúl Vázquez, Raquel García, Adrián Reiriz, Andrea Corbelle, Iván Rodeiro, Carlota Pérez Mouriño, Aaron Roel, Julio Rouco, Maite Vázquez, Inés Castro, Juan Pérez, Sofia Vidal, Marta López, Zaira López, Iría González, Carmen True, Sofía Cajide.

O xénero é de comedia, cunha duración de 100 minutos. O prezo será de 2,50 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para maiores de 12 anos.

5 de setembro de 2014 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.