A comisión especial sobre desafiuzamentos reúnese en Vilagarcía o venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Comisión especial sobre Desafiuzamentos de Vivenda por Motivos Económicos celebra o venres unha xuntanza co obxecto de facer seguimento á situación obxecto de estudo desde órgano. A concelleira de Traballo e Benestar e presidenta da comisión, Elena Suárez, dará conta na reunión da situación concreta dunha muller que recorreu aos Servizos Sociais municipais despois de asinar a entrega da súa vivenda en dación de pago para afrontar a débeda hipotecaria que mantiña coa entidade crediticia.

Os membros da Comisión foron convocados á reunión que se celebrará o venres, 19 de setembro, ás 13:00 horas no salón de Plenos do Concello. Ademais do caso concreto antes mencionado. Como todas as xuntanzas da comisión, realizarase a porta pechada debido a sensible información e aos datos persoais e privados que se tratan en relación a casos de expedientes dos Sevizos Sociais por cuxa reserva deben velar as administracións públicas en cumprimento da lei de protección de datos e da privacidade das persoas.

A Comisión de Desafiuzamentos creouse en resposta a un acordo plenario plenario. Nela están representados os partidos políticos da Corporación Municipal e representantes da Asociación de Loita contra o Paro de Arousa (Alpa). O órgano mantivo a primeira xuntanza no mes de maio.

17 de setembro de 2014 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.