publicidade hoxe

A Comisión de Pleno de Ourense ditamina favorablemente as 4 modificacións de crédito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Comisión de Pleno do Concello e Ourense ditaminou favorablemente na súa xuntanza desta mañá 4 expedientes de modificación de créditos presentados polo goberno municipal, que serán presentados a aprobación por parte do Pleno do Concello na súa xuntanza ordinaria do mes de outubro, que terá lugar o vindeiro venres, día 3.

Os expedientes de modificación de créditos teñen como finalidade pagar débeda, amortizar préstamos, acometer novos investimentos na cidade e desenvolver o BIC das Burgas, utilizando o remanente de tesourería. Os 4 expedentes foron ditaminados favorablemente cos votos a favor do grupo de goberno do PSdeG-PSOE e abstención de PP, BNG e DO.

Dúas delas son as que foron rexeitadas polos grupos da oposición no último pleno. A primeira ten como finalidade habilitar créditos por una cuantía de 716.372€ para facer fronte a débedas xurdidas en exercicios anteriores que non puideron ser tramitadas no seu intre por falta de consignación orzamentaria. A segunda ten como obxectivo amortizar prestamos bancarios por valor de 12.874.981,93€. Nos dous casos, financiaríase con cargo ao Remanente de Tesourería para Gastos Xerais do ano 2013, cumprindo co que di a Lei orgánica de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financieira.

A elas únense as dúas novas propostas de modificacións de créditos aprobadas en Xunta de Goberno Local esta semana. Tamén con cargo ao remanente de tesourería de 2013, habilitarán crédito para executar un Plan de investimentos, por importe de 5.572.667, que se destinarán a:

– Construción e mellora de calzadas e beirarrúas…. 4.444.360 €

– Establecemento e ampliación de redes de abastecemento… 368.850 €

– Maquinaria para o Cemiterio Municipal…. 76.000€

– Transferencia de capital o Consello Municipal de Deportes… 683.456 €

A cuarta modificación de crédito refírese ao Plan Especial do BIC das Burgas, que  require a maiores do inicialmente previsto unha cantidade adicional de 500.000 € para expropiacións.

Estas dúas novas modificacións, destinadas a investimentos, unicamente se poderían levar adiante se se aproban as primeiras, xa que a Lei de estabilidade di que o primeiro uso do remanente de tesourería debe ser o pago de débeda, e que o segundo uso será a amortización de préstamos, de xeito que só caso de quedar remanente de tesourería, como ocurre neste caso, se podería adicar a investimentos.

Na mesma sesión, a Comisión ditaminou favorablemente a modificación dos artigos número 6, 7 e 19 do Anexo da Ordenanza Municipal de Tráfico e Circulación, adicada á regulación do tráfico no Casco Vello. A modificación presentarase a aprobación por parte do Pleno do Concello co ditame favorable do grupo de gobenro do PSdeG-PSOE e abstención de PP, BNG e DO.

26 de setembro de 2014 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.