A comisión de desfiuzamentos de Vilagarcía reunirase para tratar o caso dunha muller que asinou a dación en pago da súa vivenda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A comisión de desfiuzamentos reunirase a vindeira semana para tratar o caso dunha muller que entregou a súa vivenda en dación en pago a entidade bancaria para facer fronte as débeda hipotecaria contraída.

En vista das declaracións do presidente da Plataforma de Afectados por la Hipoteca en relación a este caso que está sendo abordado polos Servizos Sociais do Concello, seguindo a política de protección de datos e a reserva que unha administración debe manter sobre as circunstancias e datos persoais e dos expedientes dos servizos sociais, a responsable da Área de Benestar opta por abordar esta situación de forma interna no eido da comisión na que están representados todos pos grupos municipais e a asociación, a efectos de expoñer alí o caso e a situación legal e xurídica correspondente e ver si existen alternativas para axudar a esta persoa.

11 de setembro de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.