A Casazul acolle máis de 30 cursos para todos os públicos dende outubro a decembro
A Concellaría de Benestar Social Municipal abre o vindeiro 1 de outubro (e até o día 8) a inscrición na nova programación da Casazul, de outubro a decembro. A Casazul ofrece unha ampla variedade de cursos para todos os públicos, tanto para adultos, como para nenos e tamén para familias.
As persoas interesadas poderán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello ou ben por fax no teléfono 886212843.











