publicidade hoxe

A Casa da Cultura de Neda acolle un espectáculo do Mago Teto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

“Perto de ti” é o título do último espectáculo do Mago Teto e, este venres, 26 de setembro, o público nedense poderá disfrutar do mesmo na Casa da Cultura. Actuará a partires das 20,30 horas para nenos e maiores, no marco do programa da Xunta de Galicia “Cultura no Camiño”. O prezo das entradas é dun euro para o público infantil e de dous euros para os adultos. Así mesmo, a programación cultural continuará o sábado, 27 de setembro. A partires das 21 horas, e na Casa das Palmeiras, a poetisa Amelia de Querol Orozco presentará o seu último poemario “En los arrabales del alma”. Con entrada libre, o acto contará tamén coa participación de Ti e Máis Eu Teatro; do poeta Francisco Vila e do editor José Luis Salamanca.

24 de setembro de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.