publicidade hoxe

A Casa da Cultura de Neda acolle a actuación da Compañía Lírica de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNeda
A-
A+

A Casa da Cultura de Neda acollerá este sábado, 20 de setembro, a actuación da Compañía Lírica de Galicia, dirixida por Fernando Balboa. Recital incluído no programa Cultura no Camiño, que promove a Xunta de Galicia. Así, as persoas interesadas en participar desta proposta cultural teñen unha cita ás 20,30 horas, con entradas ao prezo único de dous euros. A actuación, estructurada en dúas partes, contará coa interpretación de temas de compositores como Mozart, Puccini, Händel, Bizet, Chueca, Delibes ou Sorozábal, entre outros.

A Compañía Lírica de Galicia nace como un proxecto dirixido íntegramente ao canto lírico, abarcando a formación dos cantantes dende os seus inicios, os primeiros pasos no escenario, unha especialización dentro do xénero que máis se adecúe ás súas preferencias ou estudo, perfeccionamento e actuacións en público e, finalmente, a entrada na vida profesional. Todo isto, xestionado cunha visión unificadora das múltiples disciplinas que forman o Teatro Lírico. A finalidade primordial é ofrecer formación especializada en ópera, zarzuela e canto lírico en xeral a futuros cantantes de talento, especialmente aos galegos, co doble obxectivo de propiciar a difusión do xénero e capacitar aos novos cantantes para desenvolverse no medio profesional internacional.

17 de setembro de 2014 | 11:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.