publicidade hoxe

A carpa Xplora Xuventude instalarase na Praza de Galicia para informar en Vilagarcía sobre os servizos para a xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de ArousaXuventude
A-
A+

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no marco do programa Xplora Xuventude e coa colaboración da Oficina Municipal de Xuventude (OMIX) do Concello, desprazará mañá a Vilagarcía de Arousa unha carpa informativa para dar a coñecer e proporcionar asesoramento á mocidade sobre os recursos e os programas que a administración ofrece para este sector da poboación galega.

A carpa Xplora instalarase na Praza de Galicia durante toda a mañá (de 10 a 14 horas) co obxectivo de achegar á xuventude os diferentes programas que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten en marcha para eles nos diferentes ámbitos: programas Iniciativa Xove e Erasmus +, voluntariado xuvenil e ambiental, axudas para a obtención do carné de conducir, Galeuropa e outros programas de mobilidade xuvenil, servizo Quérote +, Carné Xove.

O programa Xplora Xuventude ten como finalidade potenciar o coñecemento e a participación da mocidade galega nas accións que se desenvolven por e para ela dende a dirección xeral. Trátase dunha actividade gratuíta á que os mozos e mozos poden acudir para solicitar información ou asesoramento sobre os recursos ao seu alcance.

8 de setembro de 2014 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.