publicidade hoxe

A Carpa Xplora de Xuventude visita á mocidade de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de ArousaXuventude
A-
A+

A Carpa Xplora Xuventude achégase hoxe ata a localidade pontevedresa de Porriño para informar aos mozos e mozas galegos sobre os recursos e programas dirixidos a eles, e para facilitarlles asesoramento por parte de técnicos especializados.

A actividade, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, estará ubicada na Praza de Galicia, entre as 10,00 e as 14,00 horas.

A campaña está a desenvolverse por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.

Cabe destacar que, ademais de información de interese, estas carpas pretenden ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

9 de setembro de 2014 | 10:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.