A Carpa Xplora de Xuventude chega a Frades con información sobre os recursos para a mocidade
A Carpa Xplora Xuventude achégase hoxe ata a localidade coruñesa de Frades para informar aos mozos e mozas galegos sobre os recursos e programas dirixidos a eles, e para facilitarlles asesoramento por parte de técnicos especializados.
A actividade, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, estará situada no CPI Pontecarreira, entre as 12,00 e as 14,00 horas.
A campaña está a desenvolverse por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.
Cabe destacar que, ademais de información de interese, estas carpas pretenden ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.