publicidade hoxe

A Carpa Xplora de Xuventude achega información sobre os recursos para a mocidade de Mondariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondarizXuventude
A-
A+

A Carpa Xplora Xuventude achégase hoxe ata a localidade pontevedresa de Mondariz para informar aos mozos e mozas galegos sobre os recursos e programas dirixidos a eles, e para facilitarlles asesoramento por parte de técnicos especializados.

A actividade, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, estará ubicada no Colexio Mondariz entre as 11,30 e as 13,30 horas.

A campaña está a desenvolverse por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.

Cabe destacar que, ademais de información de interese, estas carpas pretenden ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

25 de setembro de 2014 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.