A Banda Municipal de Música de Santiago ofreceu un concerto no parque da Alameda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Concerto na Alameda

Concerto na Alameda

A Banda Municipal de Música ofreceu un concerto dominical no parque da Alameda. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, non quixo perderse esta actuación, ao igual que non faltou ao concerto ofrecido o día anterior no Espírito Santo con motivo das festas neste barrio. A Banda, dirixida por Juan Miguel Romero, interpretou nesta ocasión Ciencia e arte (pasodobre), de A. del Río; A meiga (preludio), de J. Guridi; Maruxa (preludio do 2º acto), de A. Vives; Carmiña (rapsodia galega), de T. Blanco; e Romaxe en Naseiro (rapsodia galega), de M. Iglesias.

7 de setembro de 2014 | 20:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.