publicidade hoxe

A Baña pon a punto as instalacións dos centros educativos ante o inicio de curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+
Tarefas de pintado de fachada

Tarefas de pintado de fachada

O Concello da Baña pon a punto as instalacións que acollen os seus centros educativos ante o inicio do novo curso escolar 2014-2015. A cuadrilla de obras do Concello da Baña reparou humidades e pintou varias partes do CPI de San Vicenzo da Baña. As instalacións xa están a punto para recibir aos nenos e nenas do Concello. Está previsto que as clases comecen o vindeiro mércores, día 10 de setembro. Mañá, día 9 de setembro, é festa na capital do Concello, celébrase a festa en honra á Virxe das Dores.

O Concello da Baña tamén reparou e pintou o exterior da escola unitaria situada na localidade de Lañas. Este centro educativo acolle a unha vintena de alumnos e alumnos.

O Concello da Baña tamén estreou este mes o edificio do novo PAI, que desde a semana pasada xa acolle a nenos e nenas de até tres anos. Todos os anos o Goberno local preocúpase na posta a punto dos centros educativos do Concello.

8 de setembro de 2014 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.