A Baña organiza un curso de conversación en inglés do 17 ao 26 de setembro
O Concello da Baña organiza para todos os seus veciños e veciños interesados un Curso de Conversación en Inglés desde o vindeiro mércores, 17 de setembro, até o 26 de setembro. Os destinatarios son todas aquelas persoas interesadas en mellorar a conversación e expresión oral en inglés. O horario do curso será de 17.30 a 20.00 horas. A duración: 20 horas. Os interesados poden apuntarse nos seguintes teléfonos: 981.886.501 (Concellería de Cultura) e no 607.721.711.