A Axencia de Colocación de Mos oferta cursos de preparación dos titulos de ESO e Bacharelato
A Axencia de Colocación do Concello de Mos, informa de que se están recollendo no CDL (Centro de Desenvolvemento Local) solicitudes daquelas persoas interesadas en realizar unha serie de accións formativas, que se incorporarán á Aula CEMIT do Concello, xa que a súa impartición será semipresencial, cunha parte importante de formación on line. Os cursos ofertados son: Preparación das probas libres para a obtención do título de graduado en secundaria (ESO), Preparación de acceso á Universidade para maiores de 25 anos, Preparación para acceso a Ciclo Superior Formación Profesional, Preparación para probas de competencias clave, e Preparación de probas de acceso a Bacharelato.
Tal como indica o responsable da Axencia, o tenente de Alcalde e concelleiro de Formación e Emprego, Oscar Soto Abadín, “a Axencia de Colocación de Mos, que xa é unha realidade e que xa ten unha actividade constante dende mediados de ano, quere cubrir tódalas necesidades que o mercado laboral demanda”, por elo, promociona o acceso a unha formación necesaria neste momento para mellorála capacitación dos traballadores e demandantes de Emprego. Non é formación subvencionada, pero a Axencia facilita que os/as interesadas poidan realizar esta formación e preparación das probas sen ter que trasladarse a Vigo ou a outros municipios.
A esta formación da Aula CEMIT, e dentro da mesma, súmase formación específica e gratuíta dirixida á busca de emprego e formación dirixida a emprendedores, que se realizará a partir do mes de novembro.
A Axencia de Colocación dará en breve acceso á plataforma ecnológica que se estivo adaptando durante estes meses, a través da cal os/as interesados/as poden darse de alta como usuarios/as, candidatarse a ofertas de traballo que estean publicadas, e as empresas asímesmo poden publicar directamente as súas ofertas de emprego, e realizar unha búsqueda do perfil que máis se adapte ás súas necesidades.
Poderán acceder a esta plataforma a través da páxina web do Concello www.mos.es ou www.axenciadecolocacionmos.es
Oscar Soto, indica asimesmo, que se realizará unha presentación pública da Axencia de Colocación cara a finais do mes de outubro ou comezos de novembro, á que se incorporará unha charla motivacional dun membro do comité do Observatorio Europeo de Coaching.
Obxectivos
Este tipo de accións promóvense co obxecto de responder á necesidade de adaptación permanente de mellora das competencias, e de promoción social e persoal dos traballadores.
Neste momento a Axencia ten entre os seus obxectivos, mellorar a empregabilidade das persoas demandantes de emprego e facilitar a adaptación dos seus perfís profesionales ás necesidades do mercado de traballo. Unha das acción que se levan a cabo para fomentar eses obxectivos é facilitar o acceso á formación para o emprego e formación continua, a través de xestión directa ou indirecta.











