A Aula Municipal de Natureza de Ourense inicia as actividades do seu 10 aniversario cunha charla da asociación Lobo Marley

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Unha charla a cargo do presidente da asociación Lobo Marley, Luis Miquel Domínguez, iniciará mañá, venres, día 26 de setembro o programa de actividades coas que a Aula Municipal de Natureza do río Miño celebrará o seu 10 aniversario dende a súa apertura, o 4 de outubro de 2014.

Luis Miguel Domínguez Mencía (Madrid, 1963), naturalista español e director de series de televisión sobre a natureza como Bio-diario, falará acerca do proxecto Lobo Marley, da asociación Cidadá Lobo Marley, Cidadáns polo lobo e o mundo rural, un movemento cidadán comprometido coa supervivencia do lobo ibérico e a súa protección. A charla terá lugar mañá, venres, 26, ás 20:00 horas na Aula da Natureza, no paseo fluvial de Oira.

As actividades organizadas pola Aula, dependente da Concellería de Educación, continuarán pasado mañá, sábado, 27 de setembro, ás 10:00 horas, coa I xornada de anfibios e réptiles no outono, a cargo de Alberto Ribera Saeta experto en anfibios e réptiles, con saída desde a Aula da Natureza ata Cachamuiña.

A próxima semana continuarán, o mércores, 1 de outubro, ás 21:00 horas, cunha observación da constelación Cisne, potenciando a ruta das constelacións, desde Reza polo Paseo das Ninfas, co apoio da AAO.

O venres, 3, ás 20:00 horas, a Aula acollerá unha charla sobre bioconstrución “autoconstrución de cabana ecolóxica”, por Carlos Miguélez

O sábado, 4 de outubro, celebrarase o Día das aves, cunha sesión de observación desde O Tinteiro, a cargo de Bilurico e o martes, 7 de outubro ás 16:30 horas, terá lugar unha charla e un obradoiro de ecoloxía no outono por parte de Milfhor.

25 de setembro de 2014 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.