A Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol organiza un obradoiro de elaboración de xabóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Aula de Ecoloxía Urbana (AEU) do Concello de Ferrol, organiza esta fin de semana un obradoiro gratuito de elaboración de xabóns aromáticos para adultos. Esta actividade dará comezo mañá, día 6, prolongándose ata o domingo 7, e os participantes realizarán dous tipos de xabóns con diferentes herbas e restos de comida.

Este obradoiro, que terá lugar entre as 17 e 19:30 horas, permitirá que os asistentes aprender a realizar produtos naturais e ecolóxicos co fin de que non sexan agresivos para a pel. Os participantes só deberán levar os seguintes materiais: guantes; mandil; culler de aceiro; culler de madeira; un brick limpo; 250 ml. de aceite e dous recipientes de aceiro, vidro ou práctico resistente.

5 de setembro de 2014 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.