A aula CeMIT de Marín acollerá un curso sobre procesador de textos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

A aula CeMIT do Concello de Marín vai realizar, durante o mes de outubro, un curso sobre o procesador de textos. O curso está destinado, preferentemente, a aqueles cidadás interesados en poder obter un certificado oficial en competencias dixitais, desenvolvéndose os martes e xoves do mes de outubro de 9:30 a 12:30. As inscricións poderán realizarse a partir do 15 de setembro na aula CeMIT do Concello de Marín ou na páxina web da rede CeMIT, www.cemit.xunta.es

15 de setembro de 2014 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.