A Asociación San Breixo organiza a XXVII Semana Cultural de Seixalbo con actividades lúdicas e participativas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Asociación de Veciños San Breixo de Seixalbo, coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense organiza a XXVII Semana Cultural de Seixalbo. Co lema “Eses anos pasados”, inclúe un amplo programa de actividades que comezaron o pasado sábado, 30 de agosto, e continuarán ata o vindeiro, sábado, 6 de setembro.

As actividades comezaron o día 30 coa inauguración e o primeiro Certame audiovisual e literario, acto organizado por cometadigital.com coa colaboración da Agrupación Cultural Agromadas e a Asociación de Veciños.

O domingo, 31, tuvo lugar a Excursión á Lira e fervenza do Ézaro, na que os participantes tiveron a oportunidade de visitar as Rías Altas: Muros e Lira, desfrutar un día na praia en Lira, visitar pola tarde o mirador e cascada do río Ézaro. Onte, luns, na área recreativa da Infesta celebrouse unha festa de espuma.

Hoxe, martes, será a IV Andaina Nocturna, con saída ás 22:30 horas dende o local central, na rúa Abelardo Arce, para percorrer Seixalbo.  Mañá, mércores, continuarán as actividades coa proxección do documental “Entre paradas”.

O xoves, 4, no local terá lugar a charla “Outra visión da inmigración”, por parte da asociación Juan Soñador.

O venres, 5, haberá un guateque na Praza do Cabildo, dende as 23:00 horas, no que se recreará o ambiente dos anos 70, e no que se anima ás persoas que desexen participar a que se vistan de acodo con esa década para esta ocasión.

O programa de actividades rematará o sábado, 6, coa Cea do socio, que terá lugar dende as 21:30 horas no Campo da Infesta.

1 de setembro de 2014 | 20:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.