publicidade hoxe

A asociación “Cántigas e frores” celebra o seu 66 aniversario con actuacións polo recinto histórico de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Este domingo día 28 de setembro ás 12 horas a Asociación Cultural Cántigas e Frores celebrará o seu 66 aniversario da mellor maneira que pode facelo, cantando, tocando e bailando música tradicional. Nesta actuaciòn participarán as Escolas Cadetes de Baile Tradicional, o Grupo de Canto Tradicional, o Coro Galego, o Grupo de Baile Tradicional e a Banda de Gaitas. Animamos a todo o público a que celebre con nos esta data tan especial.

 As escolas e os grupos da Asociación cultural Cántigas e Frores están formadas por alumnos de idades comprendidas entre os 4 e os 70 anos, todos eles unidos por unha mesma afición, a paixón pola música e o baile tradicional. A Asociación Cultural “Cantigas e Frores” sempre estivo e está vencellada á dinamización da vida cultural lucense intentando sempre traballar para a promoción e o fomento da Cultura Tradicional Galega, facendo que os sons dos nosos instrumentos tradicionais sexan habituais na sociedade actual.

26 de setembro de 2014 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.