A área de lecer de Sanguiñeda disporá dun novedoso parque de auga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Parques e Xardíns, Cándido Pérez, informaron hoxe da concesión por parte da Xunta de Galicia á administración local dunha subvención para a acometida dun proxecto innovador que se vai a desenvolver no Parque de Sanguiñeda e que ten por título “Creación dun parque –escola sobre a auga e os cultivos ecolóxicos”.

Esta axuda foille concedido ó Concello de Mos pola consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza, e trátase dunha subvención onde se establecen as bases reguladoras do Fondo de Compensación Ambiental, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia

O investimento da axuda destinarase á realización dunha serie de actuacións adicadas á protección do ambiente e do espazo natural mediante a instalación dun parque-escola infantil que terá como contido e característica principal a utilización recreativa e didáctica do recursos natural da auga.

Segundo xa informaron dende a propia consellería responsable da subvención deste tipo de iniciativas, os proxectos concedidos en toda Galicia son un total de 53, e tan só 8 deles levaranse a cabo na provincia de Pontevedra. Entre estes 8 atópase por suposto o proxecto de Mos.

O orzamento total da acometida do parque de auga en Sanguiñeda é de 39.998,41 euros, dos cales a consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza subvenciona o 70% aportando 27.998,89 euros e pola súa banda o Concello asumirá a aportación dos 11.999,52 euros restantes.

A finalidade da creación dun parque-escola sobre a auga e os cultivos ecolóxicos en Sanguiñeda é a de fomentar entre os máis cativos o respecto polo medio ambiente, pola agricultura ecolóxica e polo consumo responsable da auga, aprendendo que é un ben escaso e moi necesario para o desenvolvemento da vida no noso planeta.

Detalles do parque

Este parque escola vai a estar situado na parroquia de Sanguiñeda, máis concretamente no Parque de Sanguiñeda. Parque de titularidade municipal.

Na zona de xogos de auga representaranse o ciclo da auga e o fenómeno meteorolóxico da choiva, fenómenos naturais acuáticos como os géiser,  e unha noria de rego e unha miniturbina hidráulica para explicar o aproveitamento humán da auga dende os albores da civilización.

Ademais destes xogos coa auga como elemento protagonista, tamén se instalará un horto ecolóxico mediante o que fomentar o respecto medioambiental, o traballo en equipo entre a comunidade de veciños, e o achegamento da cultura hortícola e agrícola ós cativos mosenses.

2 de setembro de 2014 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.