A área de educación ferrolá detalla á ANPA o funcionamento do servizo de comedor e da oferta de actividades de “Artellando”
A concelleira de Educación do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, mantivo esta mañá unha reunión cos membros da Federación de ANPAs (Asociación de Nais e Pais de Alumnos). A edil ferrolá explicou aos compoñentes as diferentes novidades do servizo de catering e do persoal monitor/coidador de comedor escolar para o curso académico 2014-2015; así como da nova oferta do programa municipal Artellando, da que destacou as actividades de Ferrol NATURALmente e Ábaco por ser novidade.
No que atinxe ao servizo de comedores escolares, que este ano se amplñuia ao colexio de Ponzos, Martínez Galdós destacou aos país que se incorpora unha persoa de apoio para menores con necesidades especiais. A edil de Educación tamén destacou a variedade de menús para fomentar un hábito alimenticio saudable e explicou aos directores dos centros de ensino que haberá un coordinador entre os centros e o Concello para posibles necesidades que poidan xurdir con respecto ao servizo de comedor escolar para o curso 2014-2015.











