A AEF comprométese a continuar até finais de 2014 en COFER
A AEF concede a COFER unha marxe de tempo para tratar de consolidar os obxectivos conxuntos e dar un novo impulso á Confederación.
A AEF renovou onte martes as reunións da súa Xunta Directiva. En relación á súa pertenza a COFER, acordou manter o seu compromiso coa Confederación até finais de ano, ofrecendo así unha marxe de tempo que permita consolidar obxectivos conxuntos e dar un novo impulso á entidade.
Ante esta perspectiva, no mes de decembro analizarase de novo a situación, e a Xunta Directiva, adoptará o oportuno acordo.











