A A.E.F. reitera a petición dun axeitado mantemento de diferentes viarios de Ferrol e Narón
A A.E.F., enviou un novo escrito ao Ministerio de Fomento, para agradecer o inicio dos labores de mantemento e limpeza de diferentes viarias de Ferrol e Narón -FE-13 (Chea-Catabois); FE-12 (Freixeiro-Río do Pozo) N-655 (enlace FE-12 co Porto Exterior) e o tramo comprendido entre a saída 36-F, da AP-9 e a FE-15 saída A Malata-.
O documento reitera a petición, para que a empresa adxudicataria do contrato de mantemento realice un traballo de maior calidade. Cabe destacar que hai zonas nas cales non se interveu, e nalgúns casos a maleza á parte de dificultar a visión da circulación, oculta os sinais de tráfico. Tamén se considera importante retirar os restrollos que quedan depositados na calzada, dado os riscos que leva, fundamentalmente para as motocicletas.
A A.E.F. non descarta pedir o apoio doutros organismos oficiais nestas reivindicacións.











