Zumba, gyroboard e karts entre as propostas para festexar o Día Internacional da Xuventude en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A concelleira de Igualdade e Xuventude do Concello de Ferrol, Verónica Casal Míguez, avanzou hoxe os actos conmemorativos do 12 de agosto, Día Internacional da Xuventude. Unha programación que como xa sucedera o ano pasado combina o lúdico e o formativo.

Así as cousas, a responsable das políticas xuvenís da administración ferrolá explicou que a praza de Armas será este ano o escenario do programa de actividades elaborado dende o seu departamento. Un espacio que entre as 19 e as 22 horas do martes 12 acollerá gyroboard, zumba, un circuíto de karts con gafas de simulación de embriaguez, un obradoiro de graffiti e mesmo unha masterclass de danzas urbanas. Os mozos e mozas que se animen a participar na conmemoración desta data tamén poderán tomar parte nun obradoiro de bebidas saudables.

Pero ademais deste xornada lúdico-festiva, o programa do Día da Xuventude complétase cun curso de condución segura que a Concellería que dirixe Casal Míguez levará a cabo en colaboración con Escudería Ferrol. Este curso, que se enmarca tamén nas actividades do Rallie de Ferrol e que contén unha parte teórica e outra práctica, se desenvolverá mañá sábado nas instalacións do recinto feiral de Punta Arnela (FIMO) a partir das 11 horas. Esta acción formativa de carácter gratuíto pretende fomentar unha condución responsable e segura entre a mocidade, e está dirixida a menores de 35 anos. De feito, segundo avanzaba hoxe a edil se realizarán dous grupos de idade: aqueles que teñan entre 14 e 18 anos e os comprendidos entre os 18 e 34. Os máis novos recibirán como agasallo un “Manual para o pequeno aficionado aos rallies”, mentres que os maiores poderán disfrutar a partir das 13:30 horas dunhas clases prácticas para mellorar pór en práctica os consellos recibidos durante toda a xornada. O orzamento destinado por parte da Concellería de Igualdade e Xuventude para festexar o Día Internacional da Xuventude ronda os 2.300 euros.

8 de agosto de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.