XV Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei
Está mañá, ás 12:00 horas presentouse a XV Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei no Salón de Plenos do Concello de Palas de Rei. A presentación correu a cargo do Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira e de Afonso García Penas, director de Metátese Teatro de Palas de Rei.
Nesta edición participarán 12 grupos de toda Galicia e a península e pasarán polo escenario máis de 300 actores e actrices.
O programa desta edición queda como segue:
XOVES, 21 DE AGOSTO:
-OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI (Lugo)
Presenta: Na procura da fantasía.
VENRES, 22 DE AGOSTO.
-GRUPO DE TEATRO “O BATÁN”, de Cangas de Foz.
Presenta: Retiractivos.
SÁBADO, 23 DE AGOSTO.
-METÁTESE TEATRO, de Palas de Rei.
Presenta: A gran final.
DOMINGO, 24 DE AGOSTO.
-ULLOÍN, O PALLASO DA ULLOA.
Presenta: Contamos un conto?
XOVES, 28 DE AGOSTO:
-Mircromina Títeres, de Mondoñedo.
Presenta: Vacacións no mar.
Esta actuación está subvencionada pola área de cultura e turismo da Deputación Provincial de Lugo.
VENRES, 29 DE AGOSTO.
-ASOCIACIÓN CULTURAL E ARTÍSTICA “TI E MAIS EU TEATRO”, DE FERROL E QUENMAISTEN TEATRO DAS PONTES.
Presentan: O cadro do espantallo.
Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.
SÁBADO, 30 DE AGOSTO.
-LA INVENCIBLE TEATRO, de Villalpardo (Cuenca).
Presenta: Terapia.
DOMINGO, 31 DE AGOSTO.
-FOLERPAS TEATRO (Laxe).
Presenta: Traballos.
XOVES, 4 DE SETEMBRO.
-OS BURLESQUES, de Negreira.
Presenta: 2033.
VENRES, 5 DE SETEMBRO.
-Alentía Teatro, de Palas de Rei.
Presenta: Chuiva de historias.
SÁBADO, 6 DE SETEMBRO.
-ESPECTÁCULO ETNOGRÁFICO “SON D’ ALDEA” (Roteiro teatralizado que percorrerá diversos escenarios da aldea de Albá – Palas de Rei.)
DOMINGO, 7 DE SETEMBRO
-PINCHACARNEIRO TEATRO, de Lugo.
Presenta: Os perseguidores de soños.
Esta actuación está subvencionada pola área de cultura e turismo da Deputación Provincial de Lugo.
Entre os días 25 e 29 de agosto haberá un obradoiro intensivo de teatro creativo impartido por María Creo. Un curso que pretende ser un espazo aberto á creación e ao desenvolvemento das capacidades expresivas.
9º PREMIO CAREÓN: SUSO DE TORO.
14º PREMIO MÁCARA: TAMARA CANOSA.
Todas as funcións serán ás 21:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás a función do venres 6 de setembro de Alentía Teatro, Chuvia de historias, que se presentará en Albá ás 21 horas e o espectáculo “Son d’ aldea”, que se realizará na aldea de Albá ás 10:30 horas da mañá.
O sábado día 6 de setembro entregarase o 9º Premio Careón ao escritor SUSO DE TORO e o 14º Premio Mácara a TAMARA CANOSA.
O premio MÁCARA recoñece a labor de actores, directores, escritores ou calquera outro profesional ou persoa vinculada ao teatro a favor do teatro amador, amateur ou afeccionado e pola súa traxectoria teatral profesional.
Consta dunha figura de cerámica orixinal deseñada e realizada pola artista Lourdes Matalobos.
No ano 2006 creouse o PREMIO LITEARIO CAREÓN que leva o nome dun dos referentes do Concello de Palas de Rei e da Comarca da Ulloa o Monte Careón. Recoñece a traxectoria literaria dun escritor ou escritora en lingua galega. O “Premió Careón” entregouse na súa primeira edición á escritora ROSA ANEIROS.
SON D’ ALDEA é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa da cidadanía que se achegue a Albá (Palas de Rei) nesa xornada festiva. Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente. Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios e que ofrece unha visión de diversos oficios; dun XANTAR con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha ROMARÍA tradicional que pechará este evento.
Haberá tamén unha Mostra de artesanía alimentaria e outra de oficios artesáns, que pretenden amosar as novas formas da economía na aldea.
Unha radiografía subxectiva da situación do rural cargada de emoción e sensibilidade e con vontade de reflectir a filosofía vital do ser humano que habita esa contorna.
Hoxe en día a MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI- TEATRO NO CAMINO DE SANTIAGO é un referente dentro do panorama de teatro amador galego e pola mesma teñen pasado un amplo número de grupos galegos (Centro Dramático Vilalbés, TEATRO MUTANTE de Ourense, Candelexas de Noia, CASA HAMLET de A Coruña, PALIMOCO de Lugo, NOITEBRA de Marín, ACHADEGO de Lugo, Teatro A MACHINA de Ferrol, OQUETIQUEIRAS de Ferrol, Lohengrín Teatro de Vigo, O Trasno Novo Teatro de Vigo, etc.) e tamén do resto da península (LAPSUS TEATRO de Palencia, Compañía de Teatro Blas de Otero de San Sebastián de los Reyes – Madrid, COMPAÑIA COMARCAL 234 de Pedralba, Valencia, SKENE TEATRO de Gran Canaria, Ivencible Teatro de Villalpardo (Cuenca); Les Melies, de Pineda de Mar,Garnacha Teatro, de Mérida etc.) e doutros países como TIPAR TEATRO de Porto (Portugal), a Compañía Cubana de Teatro Máscara Laroye, Grupo de Teatro Ajidanha, de Idanha a Nova ou “LA VUELTA” Grupo de Teatro de la Universidad Autonoma de QUERÉTARO, CONACULTA-FONCA (MEXICO).











