XIV Regata de Socios do Club Náutico de Rianxo

Participantes na regata
O día de 1 de Agosto como é tradicional celebrouse a XIV edición da Regata de Socios nas instalacións do Club Náutico de Rianxo. Un día excelente para a navegación, nubrado e coa ameaza da auséncia de vento era o marco para o desenvolvemento da proba. A flota dividiuse en tres categorías, Regata,Cruceiro-Regata e Cruceiro que tomaron a saída ás 16 horas grazas á aparición de vento do suroeste que se mantivo durante toda a proba.
Deseñouse un percorrido de 12 millas para a categoría Cruceiro e de 14.5 para as categorías Regata e Cruceiro-Regata con saída nas inmediacións do club, virada por babor na baliza do Seixo, nova virada por babor na Aurora e desde aí as categorías cruceiro-regata e regata debían virar o Moscardiño tamén a babor e novamente o Seixo por babor xunto cos da categoría Cruceiro que o virarían por estribor para dirixirse todas as unidades á chegada situada en Rianxo.
Excepto algúns momentos de encalmada no inicio da proba na ensenada de Rianxo mantívose un vento estable que oscilou entre 10 e 15 nós durante toda, a proba establecendo un marco ideal para o desenvolvemento da proba. Dura loita na Ctaegoría Regata entre a Flor de Lis de Santiago Batalla, os Refachos de José Carreira e o Sampaio de José Pérez que se mantiveron alternando posicións durante toda a proba, sendo finalmente os roles de vento os que decidiron a proba a favor do Sampaio seguido polos Refachos e a Flor de Lis que xunto co Raiola configuraban esta categoría.
A categoría Cruceiro-Regata foi encabezada polo Piko Norte, seguido da Flor de Luís e Sarandrea que xunto co Catavento conformaban esta categoría.
Na categoría cruceiro o Aguilucho, Malevil e Semuiños completaron o podio seguidos de Terral e Xiranda.
Finalizada a proba realizouse a tradicional entrega de trofeos nas instalacións do club.
Ás 21.30 horas seguindo a convocatoria anual do Vicepresidente do Club Jesús Ferrón celebrouse a cea de socios que este ano foi nas instalacións do club. Moi concorrido o acto, contou coa asistencia da Conselleira Rosa Quintana, patrón Maior de Rianxo Miguel Igrexas, Presidente e membros da Xunta Directiva do náutico e un nutrido grupo de socios que degustaron unha magnífica cea servida por Lito Mambisque dá colorido ás actividades do club Naútico e serve para o reencontro de socios que se achegan en maior número nestas datas estivais.











