Xesús Vázquez visita as obras de reparación do muro de contención de pedra do Campo das Alocucións na Illa de San Simón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRedondela
A-
A+
O conselleiro de Cultura na visita ás obras

O conselleiro de Cultura na visita ás obras

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria visitou, na tarde de hoxe, a Illa de San Simón onde se están levando a cabo as obras para a reparación do muro de contención situado no Campo das Alocucións. O departamento dirixido por Vázquez Abad, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, destina un total de 94.000 euros para esta reparación urxente no Concello de Redondela.

Na actualidade xa se retiraron os restos de pedra e terra precisos para a posterior reconstrución do muro. Ademais colocáronse as estadas, fíxose a cementación e xa está levantada unha parte do muro. Tamén foi preciso apuntalar unha serie de árbores que corrían risco de derrubo.

Neste orzamento tamén se incluíron todas as medidas auxiliares e complementarias precisas para a execución da obra, como transporte de maquinaria, material e persoal ata a illa, o desprazamento dentro dela ou o traslado de cascallo ata o vertedoiro.

27 de agosto de 2014 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.