Vilagarcía prepara unha homenaxe a Gustavo César Veloso tras gañar a Volta Ciclista a Portugal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello fará unha recepción oficial de honra ao ciclista local Gustavo César Veloso, flamante gañador da Volta Ciclista de Portugal, tan pronto como o permita a súa axenda. O corredor xa recibiu onte a felicitación do goberno local a través da presidenta da Fundación de Deportes, Elena Suárez. A recepción será a segunda que reciba Veloso, logo da protagonizada en 2009 con motivo da súa victoria nunha etapa da Volta Ciclista a España e de formar parte do equipo Xacobeo, que entón foi o primeiro da clasificación xeral.

Gustavo César Veloso, mellor deportista local en 2007 e varias veces finalista do mesmo trofeo, naceu o 29 de Janeiro de 1980 en Vilagarcía. Comezou a súa andaina no equipo Club Ciclista Cultural Cambados ás ordes de Xosé María Conde Osorio, equipo do que saltou á profesionais despois de innumerables victorias como amateur e de ser mundialista en Plouay. Debutou como profesional no 2001 co equipo Carvalhelhos-Boavista, pasou polo Relax-Bodisol e o Kaiku antes de recalar no Karpin Galicia e posteriormente no Xacobeo. Hoxe forma parte do OFM Quinta da Lixa, co que acaba de gañar a Volta Ciclista a Portugal, o seu maior éxito deportivo ata agora.

11 de agosto de 2014 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.