publicidade hoxe

Viaxe cultural dos veciños da Baña aos Canóns do Sil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+
Participantes na viaxe aos Canóns do Sil

Participantes na viaxe aos Canóns do Sil

Un grupo de perto de 90 veciños e veciñas da Baña visitaron fai uns días o Canóns do Sil nunha viaxe organizada polo Concello. Os viaxeiros poideron coñecer a cidade de Monforte de Lemos, primeira parada da excursión. Tamén percorreron os Canóns do Sil en catamarán. Alí un guía explicou o cultivo da vide, a flora e fauna típica da zona de Ourense e Lugo, e a importancia da conservación dos recursos hidrográficos. Despois do catamarán o excursionistas degustaron nas Bodegas de Ponte da Boga un viño branco e outro tinto. A hora do xantar cobrou importancia polo seu menú completo a base de empanada, polbo, carne ó caldeiro e bica co café. Xa con enerxías renovadas visitaron o castelo de Castro Caldelas. Tamén neste concello puideron mercar a rica bica. Continuaron o percorrido por Ourense onde todo o grupo fixo a fotografía que se adxunta a este texto, xunto as Burgas. Os veciños e vecinas da Baña coñeceron, para rematar a viaxe cultural, a catedral e deron un pequeno paseo pola zona antiga.

6 de agosto de 2014 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.