Verín rende culto a Santa María A Maior nas súas festas de verán
Durante os días 14 e 15 de agosto a localidade de Verín celebrará as súas Festas de Verán, en honra a Santa María A Maior. As actividades previstas para estes días son as seguintes:
Xoves, 14 de agosto:
Actuación do cuarteto verinense Lapsus Gaita. Na praza García Barbón ás 22.30 horas.
Concerto-presentación de Destino Sur, quinto disco de Emilio Rúa, e Xestreu. Ás 23.30 horas na praza García Barbón. O cantautor contará coa súa banda ao completo (Jose Gayoso -guitarra-, Kiños Saburido -batería- e Diego Pérez -contrabaixo-) e a colaboración das cantareiras Xestreu. Organizado polo Concello de Verín.
Presentación de Séptimo pecado, novo traballo de Astarot. Tamén na praza García Barbón ás 00.30 horas. Este disco está conformado por 18 temas dos cales, once son composicións propias que nos recordan ás orixes da banda galega. Tamén contén tamén versións de Adiós Ríos, Adiós Fontes de Amancio Prada, Xirarei de Juan Pardo, O tren de Andrés do Barro, Échame a mí la culpa e Cerca del río popularizadas por Albert Hammond.
Venres, 15 de agosto:
Acto relixioso no día da patroa de Verín, Santa María A Maior, na Igrexa Parroquial ás 11.30 horas. Procesión e misa solemne coa Banda de Gaitas do Concello de Verín e a Coral de Verín.
Contacontos “El Origen” de Raquel Queizás. Ás 18 horas nas piscinas descubertas de Verín (no caso de condición climáticas desfavorables trasladarase á Biblioteca de Verín). Esta iniciativa, organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Verín e a Xunta de Galicia, enmárcase no programa ‘Ler conta moito’.
Verín CF e Monterrei CF xogan por Valeria. Ás 18.30 horas, Verín CF e Monterrei CF xogarán no Arjiz un partido amigable co fin de axudar a Valeria, nena verinense de catro anos que padece unha enfermidade rara, e que está a recibir un tratamento de rehabilitación que, aínda que está a ter bos resultados, é moi custoso. As entradas terán un prezo de 5 euros, e a recadación do encontro irá destinada exclusivamente ó tratamento da pequena Valeria.
XIX Xornadas do Folclore, napraza García Barbón, a partir das 22.30 horas. Cosandama Cultural Qhaswa (Perú ), Yoon Minsook Dance Troupe (Corea) e Bayram Folk Dance Ensemble (Rusia-Bashkiria) serán as compañías que actúen nesta exhibición de danzas tradicionais e populares do mundo. Organizado pola Deputación Provincial de Ourense e patrocinado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Concello de Verín.











